lunes, 23 de julio de 2012

Móvete e xogo, é bo para o teu cerebro!

Do programa Redes, na 2 de TVE, rescatamos este documental de interesantísimo labor pedagóxico e informativo.
Antes de nada, dicir que me gustaría que viran este vídeo todas aquelas persoas que consideran a Educación Física en Primaria unha materia sen importancia e que non axuda ao desenvolvemento integral d@ alumn@.

Ata agora sabiamos que, o exercicio físico e o deporte realizados dun xeito continuo e regular, tiña moitos beneficios no noso organismo como: mellorar a condición física, prever enfermidades cardíacas ou sentirse mellor anímicamente.

Prestixiosos científicos como Fernando Gómez-Pinilla, poden demostrar na actualidade que ademáis dos beneficios anteriormente citados, o exercicio físico é tamén un escudo de protección do noso cerebro e un estimulador do aprendizaxe e a memoria.

Ou sexa que xa sabes, corre, brinca e xoga, é bo para o teu cerebro e as túas neuronas, eso sí, todo acompañado por unha dieta saudable.

Outra conclusión que sacamos é que o sedentarismo atrófianos, tanto a nivel cognitívo, psicomotriz, social e afectivo.

Clicka aquí abaixo podedes ver o documental enteiro:

Deporte para un cerebro más sano (Redes)

Consellos para ser feliz no 2011

Coa chegada do novo ano 2011 todo o mundo ten centos de propósitos, todos eles tentando acadar ser mellores persoas do que somos.

Pois aquí, ademáis de para que este blog respire positivismo por todos os lados, ofrézovos unha serie de consellos, neste video, para facer que tanto este ano coma todos os vindeiros sexan inolvidables e apasionantes e polo tanto felices.